martes, 27 de agosto de 2013

Agradecemento






Escribir é unha potente ferramenta de creación e aprendizaxe de coñecementos novos. Por outra banda, permite a interacción cos demais en circunstancias novas, en diferentes lugares e tempos. Con todo, a función máis rica é a estética ou lúdica unida a unha dimensión pracenteira ou de diversión.
Ao lado desta importante utilidade, a Asociación Cultural de Estudos Universitarios levou adiante o I Certame de Microrrelatos Cidade da Coruña 2013, nun contexto difícil como o que estamos a vivir, grazas á colaboración de todos e todas vós que fixo posible que hoxe este libro cobre vida e sexa un humilde escaparate para facer máis visibles os escritores/as noveis e afeccionados/as. Agradecémoslle a cada un dos participantes a súa valiosa achega.
Grazas  e parabéns a todos os que participastes nesta edición do certame. Foron máis de 1200 participantes e máis de 1800 microrrelatos presentados, de toda a xeografía española, o que vén a demostrar o alto número de participantes que desexan facer visible a súa contribución literaria neste mundo tan difícil.

O noso recoñecemento, tamén, ao xurado pola súa importante colaboración na escolla obxectiva e rigorosa do gañador e finalistas.     

Finalmente, hoxe cobran vida a imaxinación, a palabra e os soños que nos alegran as pupilas aos que amamos a lectura, por iso, estimados autores e autoras que fixestes posible este libro, este é o voso premio: vivir así, no medio de todos os lectores.

                         
                                 Asociación Cultural de Estudos Universitarios


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario